Evento: Nós. A historia de Galicia

Nós. A historia de Galicia
sábado, 27 marzo, 2021 - 20:00
Auditorio da Xunqueira,
Redondela

Nós. A historia de Galicia

Espectáculo a cargo de Malasombra Producións

Un grupo de nómades primitivos chegan ao fin da terra coñecida, un lugar verde onde non para de chover, e por algunha misteriosa razón, deciden deixar de ser nómades e quedarse a vivir alí.

E dende aquel día ata hoxe, NÓS repasa a historia de Galicia relatando cronoloxicamente todas as etapas polas que fomos pasando.

NÓS é un espectáculo para todos os públicos que aborda con humor e rigor histórico os primeiros asentamentos neolíticos,  a orixe do minifundio, a cultura castrexa, a romanización, o reino suevo, as revoltas irmandiñas, os séculos escuros,  o rexurdimento, e moitos máis acontecementos que marcaron a nosa historia e fixeron de NÓS o que somos.

Nace coa vocación de contar a nosa historia dun xeito lúdico, de maneira que os coñecementos cheguen ó espectador de calquera idade sen esforzo, pois fano a través de divertidas dramatizacións históricas que transportan ao público a cada acontecemento do noso pasado. Así, o espectador irá pasando por todas as etapas da nosa historia entendendo os feitos que máis nos marcaron e coñecendo como foi cambiando a vida dos nosos predecesores dende os primeiros asentamentos neolíticos ata o día de hoxe.

NÓS tenta unir didáctica e entretemento. Que a xente coñeza a nosa historia e á vez se divirta mentres o fai. Para levalo a cabo, conta por unha parte con asesoramento de profesionais para ter a seguridade de transmitir con rigor a parte histórica, e pola outra, cun elenco de demostrada experiencia e solvencia no campo da interpretación, e máis especificamente, da comedia, para realizar con total garantía a parte escénica. 

E iso é NÓS. A nosa historia en escena. Para ver, para rir e para aprender, sexa á idade que sexa.

Elenco: Xoque Carbajal, Esther Aja e Jouse García

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cacho animalada
26 de abril, 18:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Paio e o poder da música
26 de abril, 19:00
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña
Emigrantas
26 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Ceibe
26 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra