Evento: A vila do mañá

A vila do mañá
venres, 27 decembro, 2019 - 16:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A vila do mañá

Proxecto educativo e de divulgación

Cedemos o salón de actos a PØSTarquitectos para a realización desta actividade patrocinada pola Deputación de A Coruña.

A vila do mañá é un proxecto educativo e de divulgación que ten como fin que desde a infancia e a través do xogo se tome conciencia de todas as escalas do común: o Patrimonio tanxible e intanxible, a Arquitectura, o Urbanismo e a paisaxe.

Tómase conciencia da nova visión de Compostela que nos aportan pequenas e pequenos, as e os habitantes do mañá, dotándoos de ferramentas para desenvolver a súa creatividade desde a Arte e a Arquitectura.​

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos.

Máximo 25 participantes. Entrada por rigorosa orde de chegada.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Imaxe
Cal é a túa BD favorita?
10 de marzo a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Non hai verán sen aldea
9 de xuño a 22 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense