Evento: #Camiños

#Camiños
xoves, 26 marzo, 2020 - 11:30
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra
Espectáculo de teatro a cargo da compañía ButacaZero

Despois de Voaxa e Carmín e Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], ButacaZero, en coprodución co Centro Dramático Galego, embárcase na súa terceira produción: #camiños. Con esta peza, ButacaZero pecha unha triloxía sobre a memoria: histórica na primeira peza, individual na segunda e nesta última, #camiños, sobre a memoria dun pobo.

Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, dende ButacaZero queren reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén deste pasado na vida diaria. Os tópicos galegos representan á xente ou non? Queren fuxir deles ou en realidade aférranse? Cal é a vida do pobo e que ten que ver coa imaxe estereotipada que de poden ter os de fóra? Que implica a emigración para Galicia dende o pasado e sobre todo no presente? Sobre todo isto reflexiona #camiños, unha peza de teatro moi físico na que a música folk convive coa electrónica, o step coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María, e onde a rapsodia e as coreografías levan aos espectadores da comedia á traxedia pasando transitando sempre a ironía. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan ficar indiferentes.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Rock and magic
19 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
Berenguela na gaiola
BERENGUELA NA GAIOLA
19 de abril, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Tavole
19 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Isaura e Tristán. Contahistorias
19 de abril, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo