Evento: Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira

  • Cartel Crecer co mar
  • Crecer co mar
  • Crecer co mar
  • Crecer co mar
Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira
martes, 6 agosto, 2019 a xoves, 30 decembro, 2021
Museo Massó
, Bueu

Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira

Exposión sobre a historia da vila de Bueu e o seu vínculo co mar

A industria conserveira foi a actividade que definiu a configuración histórica de Bueu.
Na enseada de Bueu a explotación dos produtos do mar non sempre xogou un papel determinante.
Durante os primeiros séculos da nosa era desenvólvese aquí un centro industrial e portuario vinculado coa transformación de peixe e a produción e comercialización de ánforas.
Despois da caída do Imperio romano este núcleo de poboación abandona a franxa costeira. A recuperación plena da actividade pesqueira e a industria conserveira non se producirá ata o século XIX.
A empresa creada pola familia Massó é un claro exemplo do desenvolvemento que experimentou o litoral galego neste período. Será a responsable de que Bueu ocupe no século XX un posto relevante no sector da conserva de peixe. Ademais foi o factor que desencadeou unha fase de desenvolvemento sen precedentes. Hoxe é o legado cultural desta saga de empresarios o que o sitúa nun lugar preeminente.
Lamentablemente, os testemuños históricos que definiron a súa configuración como vila mariñeira e como un importante centro conserveiro foron destruídos nun tempo récord, desde o inicio de século ata a actualidade.

Máis eventos de tipo Exposición

Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Fundación Eugenio Granell
Exposición de contido etnolóxico no Museo Liste de Vigo
Do paínzo ao millo: os mil grans
15 de febreiro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo