Evento: Carpe Diem

  • Carpe Diem
Carpe Diem
venres, 8 novembro, 2019 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña
Espectáculo teatral a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas

Elenco: Víctor Mosqueira, María Costas, Mon Orencio, Marcos Viéitez

Sinopse:

Carpe Diem é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca, gañador do Premio Camões en 2003.

A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñecense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados.Con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rotina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasia do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluir nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come, criase. Esta é a primeira vez que vai ser representado na Galiza, e que nos saibamos, en Portugal.

15º Aniversario Excéntricas (2004-2019)

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Neura
19 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense
1888. A señorita Xulia
19 de abril, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña