Evento: A primeira vez

A primeira vez
venres, 29 marzo, 2019 - 21:00
Teatro Principal de A Estrada,
A Estrada
Espectáculo teatral a cargo da compañía Talía Teatro

Elenco:

María Ordóñez

Toño Casais 

É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta...el e ela confróntanse de novo para trazar o itinerario da súa primeira vez.

Defendida a toda costa por el, sabotada polas constantes saídas de ton dela, querendo e non; un asúmea como feito necesario, oportuno e desexado, pero intranscendente, mentres a outra ansía unha primeira vez perfecta, resultado dunha decisión moi meditada, ata o extremo.

A primeira vez conta polo tanto a primeira relación sexual de Mada e Carlos. Unha relación na que ela oficia de directora e guionista da historia, quen planea o encontro perfecto, coidado e medido ata o último detalle; e el, que á súa vez converterase no seu fiel actor. A infinita repetición e o eterno ensaio pasan a ser o motor da relación.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Dance Join
20 de marzo, 20:30
Casa da Cultura do Milladoiro - Ames - A Coruña
Reconversión
20 de marzo, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra
Solo
21 de marzo, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Testosterona
21 de marzo, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra