Evento: IV Maker Faire Galicia

  • IV Maker Faire Galicia
IV Maker Faire Galicia
venres, 23 novembro, 2018 a domingo, 25 novembro, 2018
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

IV Maker Faire Galicia

Unha das principais citas para makers de Europa

A Maker Faire volverá ao Museo Centro Gaiás do 23 ao 25 de novembro. Nas súas tres edicións anteriores, o encontro congregou arredor de 30.000 asistentes e medio milleiro de makers que expuxeron os seus proxectos.

Maker Faire Galicia concíbese como un evento para todos os públicos e disciplinas, como a robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, gastronomía, música, electrónica ou artesanía. Un espazo para compartir coñecemento, descubrir proxectos e facer contactos profesionais. 

Ao igual que en 2017, a feira contará con relatores e expositores de referencia a nivel internacional, entre os que destacan como primeiro confirmado o deseñador francés Gael Langevin, de InMoov, creador do primeiro robot humanoide de código aberto. A cita volve incluír un día enfocado ao sector profesional –o venres 23 de novembro–, favorecendo que os expositores poidan dirixir dun modo máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do seu público obxectivo. A fin de semana manterase para o público xeral, cunha programación que contará con obradoiros, charlas, actuacións ou campionatos entre outras moitas actividades.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos