Evento: Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia

  • Alba de Gloria
  • Alba de Gloria
Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia
mércores, 7 novembro, 2018 - 20:00
San Domingos de Bonaval,
Santiago de Compostela

Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia

Mostra arredor do último gran discurso de Castelao

San Domingos de Bonaval abrirá as súas portas o vindeiro 7 de novembro para acoller a exposición Alba de Gloria, que recrea e explica o coñecido discurso de Castelao, o derradeiro que daría o célebre autor e intelectual de Rianxo na súa vida. 

A mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega e comisariada por Manuel Gago, pretende plasmar, dun xeito inédito en Galicia e empregando tecnoloxía innovadora, a alocución que Castelao pronunciou en 1948 en Bos Aires e que encerra en si mesma dous grandes valores: por unha banda, ser unha peza clave para a oratoria en lingua galega e, por outra, ser tamén unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega ao enumerar as figuras relevantes que axudaron a configurar a cultura galega.

A exposición está aberta ata o 3 de febreiro.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona