Evento: Castelao maxistral

  • Castelao maxistral
  • Castelao maxistral
Castelao maxistral
venres, 5 outubro, 2018 a domingo, 3 marzo, 2019
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Castelao maxistral

Mostra que exhibe por primeira vez en Galicia A derradeira leición do mestre

Castelao maxistral é unha homenaxe a Castelao e aos protagonistas do ensino público no primeiro terzo do século XIX. A obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao A derradeira leición do mestre será o eixo central da exposición da Cidade da Cultura de Galicia, xunto con outras 92 pezas. O óleo foi pintado en Buenos Aires por Castelao en lembranza do seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936. Ata o de agora nunca tiña saído do Centro Galicia da capital arxentina.

A mostra supón un recoñecemento a unha figura icónica como Castelao e ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936). O proxecto expositivo tamén aborda a ruptura desta renovación pedagóxica que supuxo o estoupido da Guerra Civil, exemplificado en A derradeira leición do mestre.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura