Evento: I Xornada de Bibliotecas Públicas
I Xornada de Bibliotecas Públicas
Baixo o lema As bibliotecas públicas do futuro: as bibliotecas en proceso de cambio, o auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago, acollerá a I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia. O director técnico da Biblioteca Nacional de España (BNE), José Luis Bueren Gómez-Acebo, será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural.
O encontro favorecerá a reflexión sobre os retos de futuro que se presentan no ámbito bibliotecario e permitirá dar a a coñecer os principais recursos e proxectos que se están a desenvolver para afrontalos. Ademais, tamén se abordará a importancia das bibliotecas públicas a nivel social. Entre os casos que mostrarán os poñentes estará o da biblioteca de Muskiz, en Bizkaia, pioneira no uso das novas tecnoloxías e comprometida coa memoria histórica do seu pobo.
A xornada, organizada pola Subdirección Xeral de Bibliotecas, está dirixida a profesionais bibliotecarios de toda a comunidade e o prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 30 de setembro online.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso