Evento: Peza do mes: Os campaniformes da Portela da Moada

  • Portada da publicación da Peza do Mes de novembro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Os campaniformes da Portela da Moada
domingo, 1 novembro, 2026 a luns, 30 novembro, 2026
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Os campaniformes da Portela da Moada

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 18 de novembro, mércores, ás 20:00 h na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo arqueolóxico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

 

Trátase neste mes, de tres fragmentos de vasos campaniformes da Portela da Moada, no val de Salas, no concello de Muíños. De feito, o val do Salas acolle numerosos monumentos megalíticos e a Portela da Moada formaría parte da necrópole catalogada como Veiga de Maus de Salas.

 

A publicación virtual sobre esta obra está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, onde se pode afondar sobre o seu contexto arqueolóxico e o megalitismo, as súas características tipolóxicas, decoración, cronoloxía e uso, nun estudio a cargo, neste caso, de José María Eguileta Franco

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornada sobre vitivinicultura galega
V Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
16 de novembro
Museo do Viño de Galicia
Entre pastores y lobos
Entre pastores e lobos
20 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Encontro cultural transfronteirizo no Museo Etnolóxico de Ribadavia
CON-VIVIO
21 de novembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Presentación do libro: El silencio del Alma
24 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense