Dinamización: BIBLIOTECAS EN PROCESO DE CAMBIO

BIBLIOTECAS EN PROCESO DE CAMBIO

I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia

Nunha sociedade en continuo cambio, as bibliotecas deben afrontar o reto de adaptarse e evolucionar de xeito parello para non perder o seu papel primordial na sociedade. Precisan darlles servizo a persoas usuarias que procuran nelas moito máis que libros; buscan, tamén, información, formación, actividades de lecer, un espazo de encontro para relacionarse e recursos innovadores.

Ler máis

A Subdirección Xeral de Bibliotecas organiza a I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia para crear un espazo de achegamento destinado aos profesionais que traballan nas bibliotecas públicas de Galicia, no que haberá tempo de poñer en común experiencias, escoitar conferencias, debater iniciativas, participar en obradoiros ou compartir boas prácticas. Trátase dun encontro dirixido ás bibliotecarias e bibliotecarios, pero destinado a darlles un mellor servizo a todas as persoas que se achegan cada día a algunha das bibliotecas públicas como espazo de reflexión e aprendizaxe.

Comparte