Evento: Tanxugueiras en concerto

Tanxugueiras en concerto
venres, 16 novembro, 2018 - 23:30
A Fundación,
Melide

Tanxugueiras en concerto

Concerto de música tradicional do grupo Tanxugueiras (formato trío)

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosar na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboracións con grandes artistas da talla de Xabier Díaz ou da Banda das Crechas, coa que cantaron no coñecido Festival Celtic Connections de Glasgow, e de onde saíu un dos seus vídeos convertidos en virais que revolucionou as redes sociais confirmándoas como grandes promesas do Trad e demostrando que a música tradicional continúa a abrir novas fronteiras de son, escena e público.

Neste momento están a preparar o que será o seu primeiro traballo discográfico, co que arrasarán nos escenarios este verán.