Evento: A gaita na música tradicional galega

A gaita na música tradicional galega
sábado, 23 xuño, 2018 a domingo, 15 xullo, 2018
Multiusos de Meira,
Moaña

A gaita na música tradicional galega

Exposición para profundar no coñecemento dun dos instrumentos de referencia da música galega

Mostra sobre a historia da gaita na música tradicional galega, na que se inclúen referencias aos cuartetos de Ponteareas e aos obradoiros de artesáns da zona. Está realizada en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e co museo que xestiona este colectivo, a Casa da Gaita, situado en Viascón, Cotobade. A mostra consta de 10 paneis que repasan a historia da gaita desde a súa aparición nun formato rudimentario na antiga Mesopotamia no 2.000 a. C, ata a actualidade. 

A inauguración é o sábado 23 de xuño, ás 12:30 horas, cun concerto do gaiteiro de Moaña Anxo Lorenzo.

A mostra pódese visitar de luns a domingo, de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n