Evento: O encoro enmeigado (nas fragas do Eume)

O encoro enmeigado (nas fragas do Eume)
domingo, 2 agosto, 2020 - 11:30
Praza da Veracruz,
O Carballiño

O encoro enmeigado (nas fragas do Eume)

Espectáculo de monicreques a cargo da compañía Os monicreques de Kukas

 

Nunha apartada e fermosa fraga vivían Xoaniña unha nena alegre e rebulideira e o seu avó,  Marcelino, un velliño moi sabio que contaba contos e lendas a esgalla, e sabía predicir o tempo sen ter que consultar en internet …

Pero as cousas non sempre son coma un quere, e así foi que un dia gris e nubrado apareceron uns señores serios e rexos … Un tempo escuro  asemellaba querer rematar coa fraga … Xoaniña pediulle ao seu Avó que tomara cartas no asunto ... a golpe de campá chamou á asemblea urxente, a todos os seus amigos, os seres  míticos que aínda quedaban na fraga... e foron  chegando de un en un, ou en grupiños … 

Todos estiveron de acordo, e os animaliños e os peixes ofrecéronse a axudar no que fixera falta e, de  contado, todo puxéronse en faena …

Elenco: Marcelino de Santiago, Miguel Cabaleiro e Isabel Rey.

O espectáculo O Encoro enmeigado (nas fragas do Eume) ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da Natureza, e o compromiso co coidado do noso entorno e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques. E ó mesmo tempo recuperar e por en valor aos personaxes míticos da nosa cultura popular que van a servirnos a nivel narrativo de enlace entre o mundo dos humanos e o dos animais e as plantas.

 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?
22 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Made in Galiza
22 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Territorio Regueifa
Territorio Regueifa
23 de maio, 20:30
Casa da Cultura - Burela - Lugo
MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
30 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña