Evento: A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979

  • Imaxe de Anna Turbau | Consello da Cultura Galega
xoves, 19 outubro, 2017 a martes, 16 xaneiro, 2018
Sala de exposicións do Colexio de Fonseca
, Santiago de Compostela

A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979

Escolma da obra da fotógrafa catalá no seu paso por Galicia

Esta exposición peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Turbau é pioneira na escolla das temáticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nesa operación na corda frouxa que ten como albo construír unha obra pegada ao real. Talvez por iso se lle pode aplicar ao contexto no que fotografou, a Galiza de fins dos setenta, a opinión de Eco cando di que as vicisitudes do noso século (dos curtos anos setenta) están resumidas por poucas fotografías exemplares que fixeron época. 

Comisaria: Margarita Ledo Andión

Organiza: Consello da Cultura Galega

Máis eventos de tipo Exposición

Castelao maxistral
Castelao maxistral
5 de outubro a 3 de marzo
Museo Centro Gaiás
Graciela Iturbide
Graciela Iturbide
24 de outubro a 27 de xaneiro
Fundación Barrié
Juan Puchades Quilis. Modelando vidas.
20 de novembro a 27 de xaneiro
Museo Provincial de Lugo
miic2
MiiC2. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
4 de decembro a 10 de marzo
Sede Afundación Santiago de Compostela