Evento: Patapatúm 

sábado, 23 febreiro, 2019 - 18:00
Teatro Pastor Díaz
, Viveiro
Espectáculo xestual de Elefante Elegante

 Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical.

Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para adicar aos seus fillos.

Elenco: Agustín Bolaños, María Torres e Gonçalo Guerreiro

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Poeta en Nueva York
29 de xaneiro, 20:30
Auditorio municipal Gustavo Freire
Play
31 de xaneiro, 18:00
Pazo da cultura de Narón
O mel non caduca
31 de xaneiro, 20:30
Teatro Principal
O Electo
31 de xaneiro, 20:45
Auditorio do centro cívico