Evento: De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D
De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D
De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D
Mostra de fotografía en tres dimensións
Esta exposición inclúe pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.
O título desta mostra fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.