Evento: De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D

  • De Mar a Mar
De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D
martes, 5 decembro, 2017 a venres, 22 decembro, 2017
Lonxa de Fisterra,
Fisterra

De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D

Mostra de fotografía en tres dimensións

Esta exposición inclúe pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.

O título desta mostra fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tesoureiras do noso
16 de maio a 30 de setembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura