Evento: Por feiras e mercados. Ver, mercar, vender...

  • Por feiras e mercados. Ver, mercar, vender....
  • Por feiras e mercados. Ver, mercar, vender....
  • Por feiras e mercados. Ver, mercar, vender....
Por feiras e mercados. Ver, mercar, vender...
martes, 31 outubro, 2017 a mércores, 31 xaneiro, 2018
Arquivo Histórico Provincial de Lugo,
Lugo

Por feiras e mercados. Ver, mercar, vender...

60 fotografías en branco e negro para recuperar a historia das feiras

Por feiras e mercados está composta por 60 fotografías en branco e negro e apóiase con varios documentos que amosan o xeito en que se organizaban as feiras e mercados a principios do século XX. As imaxes proceden de negativos propiedade do Arquivo Histórico Provincial de Lugo e van do ano 1914 ata 1986.

A mostra recupera o papel das feiras como impulsoras tanto da vida económica como social das vilas onde se celebraban, ao tempo que constitúe unha manifestación importante para a antropoloxía, pola rica información que se extrae acerca de tradicións, cultura popular ou arquitectura específica.

A mostra permanecerá aberta ata febreiro de 2018 e poderá visitarse na sala de exposicións do arquivo de luns a venres de 8:30 a 20:30

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés