Evento: Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño
Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño
A construción da vía férrea do Douro e do Miño é o eixo central do novo proxecto expositivo que ve a luz no programa Nortear para o intercambio cultural entre Portugal e Galicia, impulsado pola Consellería de Cultura e Educación, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea para la Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Así, Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño conta, a través de imaxes procedentes de legados familiares, a historia da construción das vías do tren nesta rexión do norte de Portugal.
A fotografía, contemporánea do ferrocarril, serve como rexistro documental, memoria familiar e expresión artística, a un tempo, da chegada do tren a Portugal, e a revolución que iso supuxo ao transformar para sempre o espazo, dinamizar o comercio e permitir a comunicación de persoas e mercadorías en lugares ata ese momento illados case por completo.