Evento: Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño

  • Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño
Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño
mércores, 18 outubro, 2017 a mércores, 29 novembro, 2017
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño

Nova exposición do programa galego-portugués Nortear

A construción da vía férrea do Douro e do Miño é o eixo central do novo proxecto expositivo que ve a luz no programa Nortear para o intercambio cultural entre Portugal e Galicia, impulsado pola Consellería de Cultura e Educación, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea para la Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Así, Camiños do Ferro e da Prata. Liñas do Douro e do Miño  conta, a través de imaxes procedentes de legados familiares, a historia da construción das vías do tren nesta rexión do norte de Portugal.

A fotografía, contemporánea do ferrocarril, serve como rexistro documental, memoria familiar e expresión artística, a un tempo, da chegada do tren a Portugal, e a revolución que iso supuxo ao transformar para sempre o espazo, dinamizar o comercio e permitir a comunicación de persoas e mercadorías en lugares ata ese momento illados case por completo.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n