Evento: A Noite Branca

  • Exposición no MARCO
A Noite Branca
venres, 11 agosto, 2017 a sábado, 12 agosto, 2017
Rede de Museos Municipais ,
Vigo

A Noite Branca

A Noite Branca

Museos abertos durante toda a noite, concertos e visitas guiadas son as actividades que centrarán A Noite Branca, unha xornada de apertura excepcional da Rede de Museos Municipais de Vigo. O Pazo-Museo Quiñones de León, o Verbum-Casa das Palabras, a pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes, o MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo e o Museo Liste-Etnográfico de Vigo ampliarán durante o venres 11 de agosto o seu horario de apertura ata as 2 de madrugada. 

Os visitantes aos diferentes museos durante esa noite poderán escoller entre 37 visitas guiadas do máis diverso, dende as que seguirán o patrón das convencionais,  as que serán lúdicas ou as que incorporarán representacións; entre dez concertos diferentes, de distintas formación e artistas locais; ou entre 12 puntos de actividades diferentes. A xornada tamén será o momento da inauguración da exposición temporal na Casa das Artes baixo o título "Forever young". 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia