Evento: Correa Corredoira. Os días pintados

  • Unha das obras
Correa Corredoira. Os días pintados
venres, 27 xaneiro, 2017 a domingo, 21 maio, 2017
Fundación Luís Seoane,
A Coruña

Correa Corredoira. Os días pintados

O universo e a evolución creativa dun artista primordial

Trátase da primeria gran exposición de 2017 na Fundación Seoane, unha retrospectiva de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952) que, por vez primeira, abrangue a súa produción pictórica e que permitirá amosar ao público un centenar de obras dun artista que formou parte de colectivos como Atlántica, ademais de iniciativas como Gruporzán e que resulta fundamental para entender a arte e a cultura desenvolvida en Galicia.

David Barro é o comisario desta exposición na que están presentes as imaxes e temas icónicos do artista: a maternidade, o erotismo, os mitos clásicos, a viaxe que realiza a México no ano 1979, as paisaxes, o mar, as crucifixións ou os seus célebres boxeadores.

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés