Evento: Literatura Dramática e Teatro Nacional

Literatura Dramática e Teatro Nacional
sábado, 5 novembro, 2016 - 12:00 a 18:00
Kiosko Alfonso,
A Coruña

Literatura Dramática e Teatro Nacional

Xornada da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

O Quisco Afonso, na Coruña, albergará os actos dun evento que se convoca co lema Literatura Dramática e Teatro Nacional e no que participarán tanto os membros da asociación como outros creadores interesados no xénero teatral e que estará aberto ao público.

A mañá, ás 12 horas, estará dedicada ao encontro entre literatos, nun debate sobre "A Literatura Dramática galega na actualidade".

Pola tarde, ás 18 horas,  Xavier Albertí, director artístico do Teatre Nacional de Catalunya (TNC) impartirá unha clase maxistral sobre O proxecto artístico dun Teatro Nacional nunha nación sen estado e o papel da Literatura Dramática nese proxecto.

Esta primeira xornada celébrase seis meses despois da presentación pública de DramaturGA, a asociación galega de autores de dramaturxia.

O coordinador do encontro, Alfonso Becerra de Becerreá, fai tamén parte deste colectivo.

Máis información, aquí.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
9 de maio
Escola do Campo de Combarro
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura