Evento: 130 Aniversario da obra Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal
130 Aniversario da obra Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal
mércores, 2 novembro, 2016 a mércores, 30 novembro, 2016
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela 130 Aniversario da obra Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal
Mostra bibliográfica
Eduardo Pondal, o bardo de Bergantiños, é un dos grandes poetas do noso Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez.
No 1886 publica Queixumes dos pinos, un poemario que é unha reelaboración e superación de Rumores de los pinos, colección de 21 poemas que publicara no 1877. Esta obra pertence á súa segunda etapa na que, influído polas ideas dos seus correlixionarios, especialmente a través de Murguía, séntese o poeta bardo, o espallador das raíces étnicas do pobo galego.
Con esta mostra recordamos a sua figura e a súa obra no 130 aniversario da primeira edición.
2º andar da biblioteca.