Evento: 130 Aniversario da obra Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal

130 Aniversario da obra Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal
mércores, 2 novembro, 2016 a mércores, 30 novembro, 2016
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

130 Aniversario da obra Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal

Mostra bibliográfica

Eduardo Pondal, o bardo de Bergantiños, é un dos grandes poetas do noso Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez.

No 1886 publica Queixumes dos pinos, un poemario que é unha reelaboración e superación de Rumores de los pinos, colección de 21 poemas que publicara no 1877. Esta obra pertence á súa segunda etapa na que, influído polas ideas dos seus correlixionarios, especialmente a través de Murguía, séntese o poeta bardo, o espallador das raíces étnicas do pobo galego. 

Con esta mostra recordamos a sua figura e a súa obra no 130 aniversario da primeira edición.

2º andar da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés