Evento: Turbulencias ou a idea de espazo

Turbulencias ou a idea de espazo
martes, 4 outubro, 2016 - 20:30
Facultade de Belas Artes,
Pontevedra

Turbulencias ou a idea de espazo

A filosofía de Edgar Varèse e a música de Richard Barret

Con Arturo Leyte (filósofo) e Luc Döbereiner (compositor).

Este último programa, que desenvolve dous discursos paralelos, filosofía e música, e, con diferentes obras para instrumentos de vento –da autoría de Edgar Varèse, Richard Barrett, Gerald Eckert e Luc Döbereiner–, aborda o concepto do espazo na composición.

Proponse entender e experimentar a idea de espazo a través de dous itinerarios: o filosófico e o musical. Dous discursos en paralelo intercalados ao longo dun espectáculo cunha duración total aproximada de 100 minutos. Desde a perspectiva filosófica abordarase catro concepcións do espazo da man do pensador Arturo Leyte. O programa musical, que expón unha especie de diálogo coa obra mestra de Edgar Varèse Octandre, e que se escoitará a modo de preámbulo, foi comisariado para a ocasión polo compositor alemán Luc Doberëiner, que tamén presentará a estrea mundial da súa nova obra Turbulencias para oito instrumentos e electrónica. 

Todas as sesións de Do Audible son ás 20:30 horas e de acceso gratuíto, ata completar a capacidade. Os concertos corren a cargo de Vertixe Sonora Ensemble, unha formación integrada por destacados solistas de música contemporánea de Galicia e de Portugal, que conxuga artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e da danza.

Máis eventos de tipo Concerto

Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3
Luar na Lubre XX. Encrucillada
17 de maio
Pazo da Cultura