Evento: Amor e danza na Europa das nacións
Amor e danza na Europa das nacións
O grupo 1500 propón unha viaxe musical de ida e volta á península na época do Renacemento.Os viaxeiros terán a oportunidade de escoitar músicas das nacións europeas da época do Renacemento, unhas músicas enormemente variadas e de grande calidade.
O XVI é sen dúbida un periodo dourado na arte europea, e no eido da música tamén o foi así. O programa tenta dar boa conta diso. Mesturando unha canción de corte amoroso (o tema universal de todolos tempos) e unha danza caracaterísica de cada pais, a viaxe rematará en Portugal e Galicia, onde escoitaremos músicas directamente herdeiras da lírica do século XIII. Cara o final do programa escoitaremos un motete inédito de Alonso Ordoñez, un dos primeiros Mestres de Capela de Santiago de Compostela: o Iste est Alfei Iacobus: o Apóstolo merece unha pequena homenaxe, como agradecemento pola súa protección, tras a longa viaxe.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios