Evento: Entendendo o Imperio romano

  • Xornada sobre o Imperio Romano no Museo A Domus do Mitreo
Entendendo o Imperio romano
martes, 10 novembro, 2026 - 09:45
Museo A Domus do Mitreo,
Lugo

Entendendo o Imperio romano

Encontro multidisciplinar de especialistas no Imperio romano

O Museo Universitario Domus do Mitreo coa axuda da Deputación de Lugo organiza un Workshop, un encontro centrado no Imperio romano no que participarán 7 investigadores de diversas universidades españolas. Cunha aproximación multidisciplinar, na que participan epigrafistas, historiadores e filólogos, abordaranse diferentes elementos estruturais que nos permitirán comprender mellor un imperio tan complexo e que tanta influencia tivo na nosa historia. Abrirá o coloquio F. Wulff, abordando as súas características en comparación con outros grandes Estados orientais como o de la China Han. Seguiranlle as intervencións de J. Santos e J.J. Palao sobre os seus modos de conquista exemplificados na provincia máis grande do imperio, a Citerior, e o instrumento esencial de la mesma, o exército. Outros dous relatorios, os de J.L. Jiménez e Mª J. Castillo centraranse no urbanismo e a evolución das cidades. A. Ruiz tratará o ámbito feminino, habitualmente pouco tratado pola investigación. Pechará a reunión Mª C. González coa relixión como modo de integración das comunidades do noroeste hispano.

O programa é o seguinte:

Mañá:
9.45: Inauguración
10.00: Fernando Wulff Alonso (Catedrático da Universidade de Málaga): Roma entre imperios: da China Han ata o Atlántico
10.40: Juan Santos Yanguas (Catedrático da Universidade do País Vasco): A acción de Tiberio na Citerior: continuidade ou retardo
11.20: Juan José Palao Vicente (Catedrático da Universidade de Salamanca): Lonxe das fronteiras: o exército romano altoimperial na Península Ibérica
12.00: Pausa café
12.30: Mª José Castillo Pascual (Catedrática da Universidade da Rioxa): Cidades abandonadas na Hispania romana: o caso da Colonia Victrix Iulia Lepida (Velilla de Ebro, Zaragoza)
13.10: José Luis Jiménez Salvador (Catedrático da Universidade de Valencia): O escenario da vida cívica a escala reducida: os foros nas small towns hispanorromanas
13.50: coloquio
Tarde:
17.00: Alicia Ruiz Gutiérrez (Catedrática da Universidade de Cantabria): Entre mobilidade xeográfica e arraigamento cívico: mencións á cidadanía das mulleres na Hispania romana.
17.40: Mª Cruz González Rodríguez (Catedrática da Universidade do País Vasco): A religio e a integración de provinciais: o exemplo do norte hispano (s. I-III d.C.)
18.20: coloquio

Máis eventos de tipo Obradoiro

Arqueleoxía experimental. Cerámica Aica
7 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Reaccións en cadea
7 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca
7 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiro de xogos de mesa con Alba Polo
7 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense