Evento: Reaccións en cadea

Reaccións en cadea
sábado, 7 novembro, 2026 - 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña
A cargo de Ciencia Kids

Un taller dinámico onde os participantes explorarán como e por que ocorren as reaccións químicas a través de experimentos sorprendentes. 
Observaremos cambios de cor, liberación de enerxía e transformacións da materia, comprendendo a ciencia detrás de cada fenómeno de maneira práctica e divertida.

Duración: 60 minutos

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 11:00-12:00 h.

Quenda 2: 12:00-13:00 h.

15 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 29 de outubro ás 08:30 h. a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de realizar a inscrición nas dúas quendas, e resultar admitida en ambas, asignaráselle praza na quenda na que se inscribise primeiro.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.

Poden ser sexistas as campañas institucionais contra o sexismo?
5 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Arenaria
A maxia da ciencia!
6 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca
7 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo
Contiños na biblio - contacontos pequenos científicos - martes 10
10 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense