Evento: A maxia da ciencia!

  • Arenaria
A maxia da ciencia!
venres, 6 novembro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela
Obradoiro con Arenaria

É maxia? Non, é ciencia! Moitos dos trucos máxicos están baseados en fenómenos físicos e químicos, son ciencia. A través da experimentación, poderemos coñecer feitos da vida cotiá: poden os zapateiros camiñar sobre a auga? Existe a invisibilidade? Podo facer lume na man sen queimarme?

Este obradoiro ten unha metodoloxía práctica, fomenta a participación, o pensamento crítico e implica ás persoas participantes.

Actividade dirixida a 25 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes de que comece a actividade.

 

Reaccións en cadea
7 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Construción e programación de robots
14 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Obradoiro infantil de Astronomía
16 de novembro, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña