Evento: Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca

Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca
sábado, 7 novembro, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca

A cargo de Efervesciencia

Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca.

Afortunadamente temos restos biolóxicos do ladrón. Para descubrilo haberá que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos.

No obradoiro resolveremos o caso con material de cociña e aprenderemos que é a biotecnoloxía.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas).

Duración: 75 minutos.

Hora: 12:00 h.

Ludoteca.

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Imprescíndibel que a nena ou neno teña carné de socio da biblioteca.

A maxia da ciencia!
6 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Reaccións en cadea
7 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Construción e programación de robots
14 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña