Evento: Programa curtametraxes: Filmar os nosos

Programa curtametraxes: Filmar os nosos
xoves, 12 novembro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Programa curtametraxes: Filmar os nosos

VV.AA., 2026

Oralia (Rocío Quillahuaman, 2025) 14 min.

Oralia traballa limpando e coidando desde hai máis de cincuenta anos. A través dos seus coidados, como tantas outras traballadoras do fogar, foi o sostén da vida de moitas persoas e familias, pero é así como se ve ela? Esta peza pon no centro á traballadora do fogar e a perspectiva que ten sobre os seus coidados.

 

Amma, Do Giraffes Cry? (Kartikeya Saxena, 2026) 26 min.

Durante a súa visita ao zoolóxico de Praga, Kartikeya descríbelle á súa nai o que ve e todo o que imaxina: o sono do tigre, o insomnio da serpe e o trauma do gorila. Entre recordos, proxeccións e rigor científico, vaise acurtando a distancia entre un fillo e a súa nai, entre un animal e un ser humano.

 

Next Stop: Fontenay (Charlyne Genoud, 2026) 18 min.

Nun bar de barrio, o tempo enrédase en nós. Flúe e reflúe ao ritmo dos costumes dos clientes habituais e do paso dos autobuses. Cunha imaxe na que predominan os homes maiores de sesenta anos, a directora entra en escena nun intento por atopar o seu lugar, ata que acaba quedando atrapada neste refuxio de sociabilidade.

 

Hasta mañana si Dios quiere (Alejandro Egido, 2025) 29 min.

Alejandro Egido regresa á vila do seu pai, á que agora só acode para enterrar aos seus familiares. A película establece un sutil paralelismo entre a fraxilidade da vida humana e a dunha vila a piques de desaparecer.

Máis eventos do ciclo Cormorán film fest 2026

Programa curtametraxes: Irmáns, curmáns, tíos
5 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Programa curtametraxes: Memoria
6 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
A Want in Her
7 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Remake
10 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña