Evento: Programa curtametraxes: Irmáns, curmáns, tíos

Programa curtametraxes: Irmáns, curmáns, tíos
xoves, 5 novembro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Programa curtametraxes: Irmáns, curmáns, tíos

VV.AA., 2026

Someday, a Child (Marie-Rose Osta, 2026) 27 min.

Un neno con poderes extraordinarios vive co seu tío nunha vila libanesa onde o ruído dos avións de combate é algo habitual. Aínda que o seu tío intenta ensinarlle a parecer «normal», o don do neno resulta imposible de conter.

 

‘Vaterland’ or A Bule Named Yanto (Berthold Wahjudi, 2026) 25 min.

Premio CANAL+ da Semana da Crítica en Cannes, Vaterland parte da experiencia de Berthold Wahjudi para retratar a dualidade da identidade desarraigada nesta ficción que cuestiona con humor as construcións sociais e os prexuízos. Cunha convincente dirección de actores non profesionais, móstranos un mundo polarizado no que a pertenza é un concepto moito máis complexo e desafiante.

 

Skinny Bottines (Romain F. Dubois, 2026) 19 min.

Un carteirista de dedos áxiles ten un día máis para devolverlle o diñeiro á súa ex, cuxa confianza traizoou. Ao non ter ningún cómplice, recorre ao seu curmán Pinpin, a quen a súa tía deixou ao seu cargo ata o día seguinte.

Máis eventos do ciclo Cormorán film fest 2026

Programa curtametraxes: Memoria
6 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
A Want in Her
7 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Remake
10 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Petrolheads
11 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña