Evento: Programa curtametraxes: Memoria
Programa curtametraxes: Memoria
Mi tía Pura (Álvaro Fenech, Noa Fito, 2026) 9 min.
Álvaro, o director, recompón o recordo de Pura, unha familiar cuxa vida permaneceu oculta á sociedade ata décadas despois de morrer. A través desa confrontación trata de romper coa tradición e facer fluír a memoria oculta de quen xa non está presente.
Filme Pin (Andrés Jurado, María Rojas Arias, 2026) 7 min.
Entre luz, metal e prata, FILME PIN reimaxina un arquivo, redimensiona o obxecto popular e político: preséntanos a outra escala, espectros das loitas, do exilio e da solidariedade internacional contra o réxime fascista e colonial portugués.
Geratzen den hori (Aitor Gametxo, 2025) 17 min.
Tras a morte da súa nai en 2011, o director emprende unha viaxe íntima a través dos obxectos privados e recordos que dela quedan no presente. Esta curtametraxe documental explora o dó e a enfermidade e a súa relación coa dignidade, os coidados e a transmisión, reivindicando o cine como ferramenta para revelar o pasado.
Escala un cincuenta mil (Ángel Suanzes, 2026) 16 min.
En xullo de 1974, España móvese cara a un cambio político imprevisible. Carmen tamén cambia: de estado civil. Dunha vida pegada á figura paterna, á vida pegada ao seu marido.
The Wind in Ash (Kun Sun, 2025) 18 min.
Unha moza que estuda fotografía no estranxeiro, á que a miúdo confunden cun mozo, regresa á casa para asistir ao funeral do seu pai.
Nun breve reencontro coa súa nai, da que estaba distanciada, ambas se manteñen emocionalmente afastadas. Mentres percorre a cidade coa súa cámara, reflexiona sobre a súa infancia e fala cunha amiga estranxeira sobre as súas dificultades coa súa identidade de xénero.
No medio das murmuracións do funeral, a súa incerteza alcanza o seu punto álxido, mais un xesto inesperado da súa nai crea un vínculo emocional entre elas.
Máis eventos do ciclo Cormorán film fest 2026
