Evento: Oceánicas. Pioneras da oceanografía
Oceánicas. Pioneras da oceanografía
A exposición consta de 12 paneis que contan a historia de 20 científicas ilustres, algunhas delas bastante esquecidas. Desde a primeira e única muller que deu a volta ao mundo durante a época das grandes exploracións ata mulleres que a día de hoxe lideran a loita pola conservación dos océanos.
Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas, ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.
Publico: Xeral
Datas: 2-30 de novembro
Horario: de 09:00 a 21:00, sábados de 10:00 a 14:00 h.
Lugar: Sala de exposicións



