Evento: AGORA HAI TERRAS DE MILLO ONDE ANTES ESTABA TROIA _ LOS BRAVÚ

AGORA HAI TERRAS DE MILLO ONDE ANTES ESTABA TROIA _ LOS BRAVÚ
xoves, 22 outubro, 2026 a venres, 20 novembro, 2026
Igrexa da Universidade,
Santiago de Compostela

AGORA HAI TERRAS DE MILLO ONDE ANTES ESTABA TROIA _ LOS BRAVÚ

Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil, que levan traballando xuntos dende 2012, expoñen na Igrexa da Universidade a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', que se inaugura o xoves 22 de outubro ás 12.00 horas.

Nesta exposición, Los Bravú despregan unha linguaxe pictórica de corte figurativo, atravesado por ecos surrealistas e por un virtuosismo neomanierista que fai da colaxe, a fusión e o desprazamento entre códigos unha forma de pensamento. Nas súas imaxes conviven o deseño contemporáneo, os fanzines, os mass media e unha estética de raíz academicista, configurando unha cartografía onde o narrativo ábrese cara a unha dimensión simbólica.

O territorio, na súa obra, nunca opera como decorado costumista, senón como paisaxe espiritual: un campo de forzas onde o telúrico dita a postura dos corpos e altera a percepción do cotián. Desde esa vibración xorda, a mostra recupera as raíces da súa andaina na narrativa gráfica mediante lenzos de gran escala nos que latexa unha urxencia contemporánea.

A modernidade en Dea Gómez e Diego Omil cífrase na capacidade das súas imaxes para encriptar os anhelos da nosa época e permitirnos habitar, por un instante, o reverso invisible do noso presente.

A mostra pode verse ata o 20 de novembro de 2026, de martes a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As lecturas de Granell
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8