Evento: Misión Ciencia

  • Imaxe
Misión Ciencia
sábado, 21 novembro, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela
Con Ciencia Kids

Xornada científica deseñada para espertar a nosa curiosidade e achegarnos á ciencia dunha forma divertida, práctica e participativa. A través de experimentos sinxelos, retos e actividades creativas, as pequenas e pequenos participantes poderán descubrir, experimentar e crear mentres aprenden xogando.

A experimentación científica axuda a desenvolver habilidades fundamentais para a vida diaria como a observación, a resolución de problemas, a creatividade, o pensamento crítico e a capacidade de facer preguntas e buscar solucións. Ademais, fomenta a confianza, o traballo en equipo e o interese por comprender o mundo que nos rodea, demostrando que a ciencia está presente en moitas situacións cotiás e pode axudarnos a entender e mellorar a nosa contorna.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

A maxia da ciencia!
6 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Reaccións en cadea
7 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Construción e programación de robots
14 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña