Evento: Día das bibliotecas
Día das bibliotecas
luns, 5 outubro, 2026 a luns, 30 novembro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Día das bibliotecas
Mostra bibliográfica
Como cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. E este ano, baixo o lema Sen profesionais, non hai bibliotecas, queremos facelo achegando o mundo dos libros ás máis pequenas e pequenos. Porque detrás de cada biblioteca hai profesionais que traballan para facer da lectura unha aventura ao alcance de todas e todos.
Nesta mostra bibliográfica atoparedes unha selección de libros infantís para explorar o marabilloso universo que habita nas bibliotecas e así, descubrir, compartir e gozar en familia.
Vinde descubrir estes libros e celebrar con nós o Día das bibliotecas!
Pode visitarse dende o 5 de outubro ata o 30 de novembro na sala infantil.



