Evento: Monika Zgustova

  • Imaxe
Monika Zgustova
xoves, 1 outubro, 2026 a sábado, 31 outubro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Monika Zgustova

Mostra bibliográfica

Co gallo da súa visita a Santiago de Compostela, a biblioteca organiza esta mostra sobre Monika Zgustova para dar a coñecer a súa obra ao público lector galego.

A recoñecida e galardoada tradutora, escritora, ensaísta e novelista é unha das principais promotoras da moderna literatura e cultura checas no mundo hispanofalante. A súa vasta experiencia cono tradutora de máis de sesenta obras de autores checos e rusos ao español aválaa. Zgustova traduciu libros ao español e ao catalán de autores como Karel Čapek, Jaroslav Hašek, Milan Kundera, Jaroslav Šeifert, Bohumil Hrabal e Fiódor Dostoievski, entre outros.

É autora da primeira tradución directa do checo ao español e ao catalán do libro Las aventuras del soldado Švejk, de Jaroslav Hašek, obra emblemática da literatura checa. Ademais, publicou unha biografía de Bohumil Hrabal Los frutos amargos del jardín de las delicias.

A súa propia obra literaria resulta igualmente relevante. Nela, entrelaza a miúdo a súa experiencia no exilio con temas como a identidade, a memoria histórica e as relacións humanas en contextos de represión e totalitarismo. Como xornalista, publica regularmente columnas e comentarios sobre a actualidade política, social e cultural en diversos diarios de tirada nacional e internacional.

Pode visitarse do 1 ao 31 de outubro no 2º andar no horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As lecturas de Granell
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8