Evento: Facer aparecer

Facer aparecer
mércores, 23 setembro, 2026 a sábado, 6 febreiro, 2027
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Facer aparecer

Facer aparecer propón un percorrido sensible e íntimo a través de tres propostas artísticas que se presentan como ensaios colectivos dun nosoutras: Crías, de Xiana do Teixeiro; O canto das Cecilias, de Cecilia ...

Facer aparecer propón un percorrido sensible e íntimo a través de tres propostas artísticas que se presentan como ensaios colectivos dun nosoutras: Crías, de Xiana do Teixeiro; O canto das Cecilias, de Cecilia Barriga; e Puta Mina, do LAAV_ e o Colectivo Puta Mina.
A exposición articúlase en tres espazos de instalación e un programa de activacións que convida a conformar colectivos temporais arredor de cada proceso artístico. Son proxectos audiovisuais e cinematográficos desenvolvidos ao longo de varios anos que exploran a memoria, a identidade, os coidados, a experiencia colectiva e as formas de transformación.
O programa de activacións inclúe Puta Mina, o 17 de outubro; O canto das Cecilias, do 17 ao 25 de novembro; e o Club de diaristas de Xiana do Teixeiro, con encontros o 14 de novembro, 12 de decembro de 2026 e 16 de xaneiro e 6 de febreiro de 2027.
Actividades:17 de outubro · Puta Mina · Colectivo Puta Mina e LAAV_14 de novembro · Club de diaristas · Xiana do Teixeiro17–25 de novembro · O canto das Cecilias · Cecilia Barriga12 de decembro · Club de diaristas · Xiana do Teixeiro16 de xaneiro · Club de diaristas · Xiana do Teixeiro6 de febreiro · Club de diaristas · Xiana do Teixeiro
Acceso: de balde
+INFO: https://www.compostelacultura.gal/
 
 

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As lecturas de Granell
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8