Evento: Núa

Núa
sábado, 28 novembro, 2026 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol
Un espectáculo de Cali Danza

Núa é unha peza de danza contemporánea interpretada por mulleres que explora o concepto de capas e a idea de nudez. Presenta unha escena minimalista cun centro sinalado que simboliza o corazón, desde onde nacen as pulsións que marcan o ritmo da obra. O movemento transita entre a expansión e a contracción, nun fluxo físico e emocional. A estética sinxela reforza a sensación de esencialidade, co foco na muller e na súa interioridade. É a terceira creación de Cali Danza dedicada a celebrar e reivindicar o feminino.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Alba Felpete Facal

Escenografía: Alba Felpete Facal

Deseño sonoro: Sabela Ramil

Deseño iluminación: Escoitame Producións

Vestiario: Entre Hilo y Tela, CALI

Música: Daniel Calvo

Coreografía: Alba Felpete Facal

Elenco artístico
Bailarinas: Irma López de Gamarra Lorenzo, María Pichín Rodríguez, Iria Rivas Fernández, Marina Rojas Valladolid, Ariadna Vázquez Cabana

Colaboración especial: Sabela Ramil Rivera

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grúfalo
27 de outubro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
#Influencers
29 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Cincuenta, solteira e sen guión
29 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
molto barroco
Molto Barroco
30 de outubro, 19:00
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña