Evento: Un obxecto, unha historia invisible

  • Mostra explicativa dun maletín de cirurxián para levar nas embarcacións
Un obxecto, unha historia invisible
martes, 30 xuño, 2026 a xoves, 31 decembro, 2026
Museo Massó,
Bueu

Un obxecto, unha historia invisible

Un maletín de cirurxián nas embarcacións da Armada

Esta mostra quere contextualizar no mundo naval, un obxecto da práctica médica como é un completo maletín de cirurxián e de todo o seu contido, perfectamente conservado. 

As especiais circunstancias da vida a bordo das embarcacións que facían longas travesías, especialmente nas que participaban en enfrontamentos bélicos, fixeron necesario contar con persoal e equipamento mínimo para atender aos enfermos e feridos. Este maletín, e o seu magnífico estado de conservación, conta esa historia.

Máis información, xunto cun vídeo explicativo, nesta ligazón do Museo.

 

Máis eventos de tipo Exposición