Evento: Danza 3 | Xacarandaina

Danza 3 | Xacarandaina
domingo, 19 xullo, 2026 - 20:00
Praza da Mariña,
Burela

Danza 3 | Xacarandaina

Actuación da agrupación Xacarandaina, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

Danza 3 é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

A 14ª edición de Danza 3 percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de outubro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Danza3

Danza 3 | Cantigas e Agarimos
12 de xullo, 21:00
Alameda Rosalía de Castro - Marín - Pontevedra
Danza 3 | O Fiadeiro
26 de xullo, 20:30
Praza de Castelao - Rianxo - A Coruña
Danza 3 | O Fiadeiro
12 de agosto, 20:00
Praza do Concello - Pazos de Borbén - Pontevedra
Danza 3 | O Fiadeiro
22 de agosto, 12:30
Praza do Gaiteiro de Soutelo de Montes - Forcarei - Pontevedra