Evento: Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Danza 3 | Cantigas e Agarimos
sábado, 19 setembro, 2026 - 20:00
Praza do Concello,
Vimianzo

Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Actuación da agrupación Cantigas e Agarimos, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

Danza 3 é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

A 14ª edición de Danza 3 percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de outubro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Danza3

Danza 3 | Xacarandaina
12 de xullo, 20:30
Praza de América - As Pontes de García Rodríguez - A Coruña
Danza 3 | Xacarandaina
17 de xullo, 21:00
Praza de Macías - Padrón - A Coruña
Danza 3 | Xacarandaina
19 de xullo, 20:00
Praza da Mariña - Burela - Lugo
Danza 3 | O Fiadeiro
26 de xullo, 20:30
Praza de Castelao - Rianxo - A Coruña