Evento: Danza 3 | O Fiadeiro

Danza 3 | O Fiadeiro
sábado, 4 xullo, 2026 - 22:30
Praza de San Andrés de Vilavidal,
Ramirás

Danza 3 | O Fiadeiro

Actuación da agrupación O Fiadeiro, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

Danza 3 é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

A 14ª edición de Danza 3 percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de outubro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Danza3

Danza 3 | Xacarandaina
1 de agosto, 20:00
Praza do Concello - Vila de Cruces - Pontevedra
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
30 de agosto, 20:00
Praza dos Barcos - Sanxenxo - Pontevedra
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
19 de setembro, 20:00
Praza do Concello - Vimianzo - A Coruña
Danza 3 | Xacarandaina
3 de outubro, 17:00
Paseo marítimo de Moaña - Moaña - Pontevedra