Evento: Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo

  • Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo
  • Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo
Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo
martes, 24 febreiro, 2026 a venres, 26 xuño, 2026
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo

Unha obra neofigurativa de esculturas con formas humanas deconstruídas ou fragmentadas, tornadas, con incisións, buracos, incrustacións que reinterpretan o clásico dando lugar a unha vangarda de volumes no que o principal material é o barro sen esquecer os bosquexos no papel.

Acisclo Manzano é escultor e académico da Real Academia Galega de Belas Artes. Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada de Ourense e na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Foi membro do grupo “O Volter” de Ourense. Viaxou por Europa coñecendo a escultura clásica e as vangardas. Dende estas últimas, na década dos anos sesenta levou a cabo a renovación da escultura galega cunha visión mediterránea e atlántica. Durante a súa estancia en Eivissa entra en contacto coa Grecia clásica e cunha nova tipoloxía de barro.

Ten obras en espazos públicos e entidades como a Sede Afundación Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago, a sede de Turgalicia, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense, o Museo da Deputación de Pontevedra, o Parlamento de Galicia, o Museo Diocesano de Santiago de Compostela e en multitude de sitios máis.

Recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Ourense (2022), o Foro do Bo Burgo (2024), a Medalla Nacional Julio Antonio (1968) e o Premio Nacional de Escultura (1962 e 1968), entre outras honras.

Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo

 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés