Evento: Marabijoshua

Marabijoshua
xoves, 23 xullo, 2026 - 20:30
O Cantón da Leña,
A Pobra do Caramiñal

Marabijoshua

Maxia de rúa con Joshua Kenneth

Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia. A súa maxia foi galardoada en importantes competicións de Portugal, España e Italia, gañando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.

En 2023 gañou en Madrid o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español. Obtivo o premio cun número chamado O soño do avaro onde consegue que as pompas de xabón se convertan en moedas e billetes.

Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie americana Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.

MarabiJoshua é un espectáculo de maxia de rúa para todos os públicos pensado para gozar en familia. Nesta proposta, o ilusionista Joshua Kenneth amosa a súa faceta máis excéntrica cunha selección de impactantes números visuais de mentalismo e prestidixitación. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo tolo onde nada é o que semella…

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Eran elas!
29 de agosto, 16:30
Carballeira de Ribadumia - Ribadumia - Pontevedra
Orille!
29 de agosto, 17:00
Paderne - Paderne - A Coruña
Baixo os remendos, nós
29 de agosto, 19:00
Aira do Verano - A Mezquita - Ourense
O mellor e o peor dos 80 e 90 
29 de agosto, 19:30
Praza do Camiño - Portomarín - Lugo