Evento: O mellor e o peor dos 80 e 90 

O mellor e o peor dos 80 e 90 
sábado, 29 agosto, 2026 - 19:30
Praza do Camiño,
Portomarín

O mellor e o peor dos 80 e 90 

Espectáculo de música a cargo de Carta de Ajuste

Baixo o lema 'O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto' Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nun paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música.

Cabe destacar que Carta de Ajuste presenta unha formación pouco usual, tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, un caixón peruano e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando, desde un punto de vista diferente, cancións que levamos escoitando toda a vida. Vamos, que dis para os teus adentros... Para ser dous moito ruído fan!

Esta formación tamén permite a adaptación do espectáculo a todo tipo de eventos e escenarios, dada a súa versatilidade e a súa posibilidade de funcionar ó volume desexado. Deste xeito, Carta de Ajuste tivo a oportunidade de tocar tanto en grandes escenarios como auditorios, festas patronais ou concertos a pé de rúa, así como en espazos reducidos, como festas privadas de todo tipo e mesmo concertos didácticos en centros educativos. O que non conseguiron aínda é tocar debaixo da auga... o último intento non saíu moi ben…

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

soulroll
Soul&Roll 
12 de agosto, 19:00
Santamariña - Guitiriz - Lugo
Gran gala de circo de Pistacatro
12 de agosto, 19:00
Vilaza - Monterrei - Ourense
A bailar!
12 de agosto, 20:00
Parque de Ansuíña - Baños de Molgas - Ourense
Monoulious DOP
12 de agosto, 21:30
Ermida de San Bartolomeu - Santa Comba - A Coruña